Quantcast
Channel: Ártabra 21
Viewing all articles
Browse latest Browse all 3868

Anuncian a entrada do “LNG Madrid Spirit”, para este Xoves 29 de Agosto: O Comité Cidadán de Emerxencia convoca nova Concentración Sonora ante o despropósito gasístico de Reganosa

$
0
0

AVISO A CONCENTRACIÓN, DESTA VEZ,
SERÁ NA PRAZA DO INFERNIÑO,
ÁS 8 DA TARDE
XOVES 29 DE AGOSTO

Está anunciada a entra, para mañá, Xoves, 29 de Agosto de 2013, polo angosto e sinuoso canle da Ría -de máis de 4 Km de longo e 150 m de ancho navegábel entre bollas, do “LNG Madrid Spirit” que de entrar, fará o número 152 buque gaseiro cargado con GNL/LNG que atracará en Reganosa, para descargar as ducias de miles de metros cúbicos de gas natural licuadao, aumentando exponencialmente o perigo que xa de por si representa a planta de gas de Reganosa, construída contra toda racionalidade no mesmo corazón da nosas Ría, en Punta Promontorio, no Concello de Mugardos. Semellante despropósito, só foi posíbel pola corrupción política e económica que empapou todo o proceso, con tres sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia -TSXG- e unha do Tribunal Supremo, a favor da veciñanza e do movimento social e contrarias ao despropósito gasístico promovido polo Grupo Tojeiro, un dos maiores beneficiados de todo isto.


O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, como é habitual, sempre que entra un buque gaseiro coa súa perigosa carga, convoca, este Xoves 29 de Agosto de 2013, unha acción de denuncia e protesta que consistira nunha Concentración Sonoraás 8 da Tarde, na Praza do Inferniño.

Características do buque:
Nome: “LNG Madrid Spirit” - Bandeira: Española - Eslora: 284.80 m - Manga: 42.50 m - Calado: 12.20 m - Puntal: 25.04 - Capacidade: 138.119 m3

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada por:

comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
28 de agosto de 2013 00:17

____________

Viewing all articles
Browse latest Browse all 3868

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú