Esquerda Unida de Narón defende a necesidade de municipalizar os servizos básicos para a cidadanía, a crise da auga que deixou sen este ben tan prezado a miles de persoas en Narón, e en toda a nosa comarca, reforza a idea da necesidade da municipalización deste servizo, entendemos que deixar en mans de empresas privadas, que como non pode ser de outra maneira buscan un beneficio económico, pode ser a causa de que o servizo perda calidade e encareza o seu prezo, e tamén da grave falta de comunicación cos gobernos locais.
Esquerda Unida de Narón entende que hai que depurar responsabilidades, á vista da información da que dispoñemos parece que a empresa concesionaria do servizo, non actuou correctamente ao non efectuar os controis coa suficiente celeridade, e o que é moito mais grave, non comunicou inmediatamente aos Concellos, como é a súa obriga, o resultado dos mesmos, recordemos que no caso de Narón o concello ten ademais o 51% no consello de administración, este tamén é o caso do veciño Ferrol.
Neste caso entendemos que non se pode responsabilizar aos gobernos locais nin aos Alcaldes da situación.
Ante as ultimas declaracións dende a Consellería de Sanidade que pretenden responsabilizar a un dos Alcaldes da situación, falamos de Jorge Suárez o alcalde de Ferrol, indicar a nosa sorpresa ante esta acusación, pois sabemos que tanto o alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, como o de Ferrol, como o resto dos alcaldes, non foron informados ata o día 16 dunha situación xa coñecida por EMAFESA, cando menos dende o día 6 de Xullo, e parece ser que dende antes desa data.
Esquerda Unida de Narón á vista do sucedido entende urxente reabrir o debate sobre a municipalización do servizo da auga polo ben das veciñas e veciños.
Esquerda Unida de Narón.