Cidades sen medo (Ciutats sense por - Ciudades sin miedo) - Guía do movemento municipalista global.
"O municipalismo é unha forza en alza que quere transformar, desde abaixo, o medo en esperanza e construír esa esperanza en común". - Ada Colau
Nun mundo no que o medo e a inseguridade estanse convertendo en odio e as desigualdades, a xenofobia e o autoritarismo están en auxe, xorde un movemento municipalista renovado que defende os dereitos humanos, a democracia e o ben común.
Cidades Sen Medoé a primeira guía escrita por e para este movemento municipalista global. Froito da colaboración entre máis de 140 alcaldesas, concelleiras e activistas de todo o mundo, o libro ofrece:
- Unha introdución ás bases teóricas do municipalismo e o seu papel na feminización da política e a loita contra a extrema dereita.
- Ferramentas que explican como montar unha candidatura, elaborar un programa de xeito participativa ou facer crowdfunding.
- Exemplos das políticas transformadoras que se están complementando en municipios ao redor do mundo en materia de vivenda, espazo público ou democracia participativa.
- Perfís de 50 plataformas municipalistas referentes de todo o mundo.
Referencias da obra publicada, en dúas edicións (Ciutats sense por - Ciudades sin miedo), por Icaria Editorial. | Ir á Web.
Enviado por:
Anna Monjo
-amonjo@icariaeditorial.com-
14 de junho de 2018 15:27
___