Quantcast
Channel: Ártabra 21
Viewing all articles
Browse latest Browse all 3868

Marea de Ferrol fai un novo chamamento para acadar consensos: Dende Marea de Ferrol agrádanos ver como tanto o PSOE como FeC comezaron a falar de unidade nestes últimos días previos ao comezo da campaña electoral

$
0
0

MAREA DE FERROL FAI UN NOVO CHAMAMENTO PARA ACADAR CONSENSOS DE CIDADE

Dende Marea de Ferrol agrádanos ver como tanto o PSOE como FeC comezaron a falar de unidade nestes últimos días previos ao comezo da campaña electoral.

O que xa non nos agrada tanto é saber que estas propostas, unha vez máis, veñen claramente dadas por consideracións electoralistas e non por unha vontade real de busca de consensos.

Dende Marea de Ferrol queremos lembrar que durante a rolda de contactos que efectuamos durante o pasado mes de febreiro co gallo de dialogar en torno á unidade, o PSOE demostrou a súa total falta de vontade, xa que nunca nos respondeu pese a ter confirmado a recepción da nosa proposta. E no caso de FeC, a xuntanza que logramos ter caracterizouse pola absoluta carencia de autocrítica, entendendo como única opción posible a nosa integración no seu proxecto político, demostrando unha grande falta de capacidade para o diálogo.

Dito todo o anterior, e en vista deste repentino cambio de pareceres, Marea de Ferrol propoñemos e demandamos, unha vez máis, unha xuntanza entre as forzas progresistas da cidade para deseñar consensos mínimos que garantan, por fin, un goberno estable.


Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
https://twitter.com/FerrolMarea
https://facebook.com/mareadeferrol

Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
5 de maio de 2019 20:06

___________

Viewing all articles
Browse latest Browse all 3868

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú