Homenaxe a Amada García no castelo de San Felipe no 76 cabodano do seu asasinato
Este ano 2014 conmemoramos a memoria de todas as mulleres e homes asasinados e represaliados polo franquismo co seguinte programa de actividades:
O venres 24 de xaneiroás 20.00 horas no auditorio da Fundación NCG de Ferrol, presentación do documental «A Pegada dos avós», de Xosé Abad. Sete adolescentes indagan as consecuencias do franquismo.
O luns 27 de xaneiroás 17.00 horas no Castelo de San Felipe de Ferrol, homenaxe no cabodano do fusilamento de Amada García e os outros sete compañeiros que morreron asasinados aquel día.
"Amada García foi detida estando embarazada, facendo que máis tarde o Consello de Guerra aprazase a aplicación da sentenza de morte á que foi condenada, ata o nacemento do fillo seu fillo Gabriel. Á espera dese momento, estivo confinada no Cárcere de Mulleres de Ferrol, logo o 31 de outubro de 1937 ao Hospital de Caridade de Ferrol, onde pariu. 88 días despois, o 27 de xaneiro de 1938, foi conducida ao castelo de San Felipe. Alí foi executada, por un pelotón de fusilamento, canda ela foran executados o mesmo día outras sete persoas da nosa bisbarra: Antonio Eytor Cañizo, José María Montero Martínez, Ángel Roldos Gelpi e Juan José Teijeiro Leira de Mugardos; Jaime González Pérez e Ramón Rodríguez López de Ares; e Germán López García de Cabanas".
http://www.memoriahistoricademocratica.org/
________________