En Ferrolterra sumamo-nos este mércores día 26 de abrilás manifestacións e concentracións convocadas por SOS Sanidade Pública en diferentes cidades e vilas da Galiza, para reclamar medidas para o fortalecemento e defensa da Atención Primaria
Todo o noso apoio á Iniciativa Lexislativa Popular proposta e promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública para salvar e reforzar a Atención Primaria de Galicia, a cal está en deterioro constante pola mala xestión do goberno da Xunta.
A ILP quere chamar a atención e poñer en marcha unha serie de medidas para revitalizar e fortalecer a atención primaria.
Un resumo esquemático das medidas propostas é o seguinte:
🚩 Atención presencial ou telemática decidido polo paciente.
🚩 Resposta telefónica por unha persoa, non dun robot, non de máquinas.
🚩 Adecuar os cadros de persoal ás necesidades da poboación para garantir unha atención de calidade.
🚩 Limitar o número de consultas diarias para permitir un tempo de atención axeitado ás necesidades dos pacientes.
🚩 Garantir estabilidade laboral e condicións laborais adecuadas e atractivas, para fidelizar aos profesionais.
🚩 Garantir a participación cidadá.
🚩 Reducir as listas de espera para probas diagnósticas e para consultas hospitalarias.
🚩 As persoas que non desexen ser atendidos en centros privados non perderán o seu posto no rexistro na lista de espera.
🚩 Autonomía de xestión na atención primaria, sen dependencia do hospital.
🚩 Garantir a accesibilidade sanitaria en condicións de equidade, independientemente do lugar onde se viva, xa que no medio rural hai zonas con moitas máis dificultades de acceso que o resto.
Chamamos á participación da veciñanza das comarcas nesta Manifestación que convocamos para este mércores día 26 de abril, ás 8 da tarde que partirá das inmediacións do Centro de Saúde Fontenla Maristany (Praza de España) até a Praza de Armas.
Os dereitos que non se defenden, pérdense !!
Participa !
✅ TEXTO DA PROPOSICIÓN DE LEI, POR INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR, SOBRE MEDIDAS URXENTES PARA RECUPERAR E FORTALECER A ATENCIÓN PRIMARIA. | Acceder/Baixar.
_______