Quantcast
Channel: Ártabra 21
Viewing all articles
Browse latest Browse all 3868

A CNT de Ferrol participará nas Marchas da Dignidade en Madrid

$
0
0
A CNT de Ferrol participara nas marchas da dignidade en Madrid

O 22 de marzo converxen en Madrid as Marchas da Dignidade. A CNT considera que hai motivos sobrados para invitar a todos e a todas a sumarse e participar nos distintos actos en torno ás marchas, así como a acudir a Madrid o sábado 22.

Levamos anos vendo como, mentres o paro e a pobreza non deixan de crecer, os distintos gobernos serven ás elites financeiras e patronais, a cuxo beneficio destinaron miles de millóns de euros, obtidos de desmontar servizos e prestacións públicas xa de seu moi precarios, nunha xigantesca operación de socialización das perdas e privatización dos beneficios. En resumo, agrédennos cunha política económica e social cada vez máis represiva e inxusta.

É hora de dicir basta. É hora de dar unha resposta contundente, unha resposta que para a CNT só pode vir da mobilización, na rúa, nos centros de traballo, nos barrios; desde a confrontación co poder e desde abaixo, apostando pola auto-organización da clase obreira.

As Marchas da Dignidade deben ser un paso máis, o máis masivo e contundente que sexamos capaces de construír, un paso ao que será necesario dar continuidade e onde os movementos sociais e o sindicalismo máis combativo deben tomar o protagonismo, avanzando cara á convocatoria dun folga xeral con capacidade real de reverter en favor da clase traballadora as políticas que estamos sufrindo.

A CNT estará presente nesta mobilización. Afiliados do sindicato desprazaranse maña venres a Madrid para realizar tarefas organizativas de cara a manifestación do sábado pola tarde. Estamos seguros de que entre todos seremos capaces de enviar unha clara mensaxe aos poderes económicos e políticos, así como ás cúpulas dos sindicatos oficiais. Esta mensaxe é que a paz social acabouse e que o espolio de dereitos e liberdades aos traballadores non lles sairá gratis. A loita está na rúa e esténdese. Esperamos que este día sirva para que a sociedade esperte, sómese á protesta e organícese.

Facemos un chamamento a clase traballadora a marchar este sábado cara a Madrid, e para todas aquelas persoas que non poidan desprazarse a Madrid a que realicen unha concentración solidaria as 5 da tarde diante do concello.

A loita está na rúa, ¡o 22M todos e todas a Madrid!

¡Dignidade, rebeldía e revolución social!

Secretaria de prensa e propaganda
CNT Ferrol

Fonte: http://www.cntgaliza.org/?q=node%2F1678
______________

Viewing all articles
Browse latest Browse all 3868

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú