Quantcast
Channel: Ártabra 21
Viewing all articles
Browse latest Browse all 3868

Convocada unha nova concentración ante o anuncio da entrada do LNG Adamawa, cargado con gas para a ilegal e perigosa Reganosa - No peirao de Curuxeiras este Martes 9 de Setembro, ás 8 da Tarde

$
0
0

CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 MARTES 9 DE SETEMBRO, ÁS 8 DA TARDE
NO PEIRAO DE CURUXEIRAS
FERROL VELLO

O gaseiroLNG Adamawa, con bandeira de conveniencia das Bermudas, é un buque de grande porte, de 289m de eslora, 48m de manga e de calado 12m. Cunha capacidade de 141.000 m³ de GNL. Son miles as toneladas de gas natural licuado, para a ilegal e perigosa Reganosa. Este buque metaneiro ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Martes 9 de Setembro de 2014. Esta entrada, supón xa a 177, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Martes ás 8 da Tarde, en Ferrol, no Peirao de Curuxeiras, no Porto de Ferrol.


Hai máis de dous anos (11 de maio de 2012) que se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE ERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Foto de Roberto Marín (romarintyp), o LNG Adamawa na Ría de Ferrol, no peirao de Punta Promontorio, no concello de Mugardos. Pode-se apreciar a proximidade dos núcleos de poboación, do arsenal militar e o estaleiro de Navantia.

Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
7 de setembro de 2014 14:01
_______________

Viewing all articles
Browse latest Browse all 3868

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú